Teoria da xeracion espontanea
En todas as culturas a orixe da vida tivo unha explicacion cuxo denominador comun era a intervencion divina.
Un dos primeiros intentos de dar unha explicacion racional a estacuestion foi a idea da xeracion espontanea que sostivo Aristoteles no seculo IV a.C.
Das suas multiples observacions e experimentos concluiu que os peixes xurdian do lodo e os crocodilos dos troncos en descomposicion do fondo da auga.Debido ao recoñecido prestixio de Aristoteles as suas ideas estiveron vixentes ao longo de moitos seculos.
O fin da crenza na xeracion espontanea
no seculo XVII o teoria da xeracion espontanea empezou a ser cuestionada.os distintos descubrimentos deron paso ao establecemento dunha nova teoria que propoñia que toda vida proven doutros seres vivos.
A xeracion espontanea foi refutada primeiramente polo medico italiano Francesco redi, que en 1668 realizou os primeiros experimentos cientificos para demostrar que a idea predominante no seu tempo sobre a orixe da vida, exposta por Aristoteles, era falsa.
Lous Pasteur, mediante unha serie de experimentos case dous seculos mais tarde en 1861 demostrou de maneira concluinte que a xeracion espontanea non existe e que, polo tanto , todos os seres vivos so proceden doutros seres vivos predecesores.
Teoria da sopa primitiva: a orixe quimico da vida
Desde o momento no que a finais do seculo XIX se demostrou que a xeracion espontanea non existia, abriuse unha nova via de espetudo e experimentacion para explicar a orixe da vida na Terra.
A principios do seculo XX, o ruso Oparin e o britanico Haldane propuxeron , de forma independente que a vida xurdiria por procesos fisioquimicos ocorridos gradualmente na atmosfera primitiva terrestre. Estes procesos constarian de varias etapas.
Etapas da teoria da sopa primitiva
Os gases presentes na atmosfera primitiva, expostos a unha intensa radiacion solar e as descargas electricas producidas durante as tormentas, reaccionarian espontaneamente para formar moleculas organicas sinxelas , como aminoacidos ou azucres.
As moleculas organicas sinxelas precitaron sobre a superficie terrestre e foron arrastradas pola choiva ata os oceanos primitivos, onde se disolveron lentamente e formaron un caldo ou sopa primitiva.
Neste caldo ou sopa primitiva, as moleculas organicas sinxelas reaccionaron entre si e orixinaron moleculas mais complexas como as proteinas,Co tempo formarianse agregados moleculares en forma de esferas ocas ou coacervados que encerrarian moleculas, como os acidos nucleicos, que podian facer copias de si mesmas. Estes coacervados serian os precursores das primeiras celulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario